jueves, 5 de octubre de 2023

Cronica

O pasado domingo 24 de setembro os integrantes da asociación de sendeirismo Paso Miúdo volvemos a retomar, despois da parada estival, o Camiño do Cantábrico dende Cuiña ata Portocelo

Comezamos a andaina polo Camiño Real que antigamente ia a Viveiro pasando polo Pazo de Pedrosa, antiga construción en pedra que consta de varias dependencias da cal o fundador foi un nobre inglés que se asentou na zona fuxindo da reina Isabel I de Inglaterra.

Seguimos o camiño que está salpicado de pequenos rodais de laurees que nos conducen ata a entrada de S. Ciprian (un lugar da parroquia de Lieiro, do concello de Cervo)

Conforma unha península cara ao Mar Cantábrico , formada trala unión dunha illa (Porto de Arriba) co continente (Porto de Abaixo ou Figueiras) por mor da acumulación de area. Na Atalaia da península hai un faro. O peirao está protexido por un esporón. Ten diversas praias, como Cubelas, O Torno (onde desauga o Río Cobo) e A Caosa . A un quilómetro e medio da costa está o arquipélago dos Farillons, que abrangue as illas Baixa, Sombriza e Pé

As illas Farillons deron pé á lenda da Maraxaina: un ser metade peixe metade muller, que toca o corno. Segundo as fontes, con boas (para avisar da proximidade dun temporal) ou malas intencións (para facer tolear a xente e que os barcos embarranquen nos Farallóns) Nos séculos XIV e XV a aldea acollía estaleiros de carabelas e unha fábrica de salgado, da que se conservan restos coñecidos como o Castelo mariño. Vinculado nalgún momento coas fabricas dde Sargadelos, o porto de San Cibrao dotouse no século XIX co faro da Atalaia. tamén a mediados do século XIX (1850), unha real Orde constituíu a Aduana de San Cibrao, que funcionou ata o segundo terzo do século XX.

A finais do século XX, a instalación da fábrica de aluminio de Alcoa supuxo a construción do porto de San Cibrao (comercial), dependente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

Seguimos o noso camiño ata chegar a unha ponte medieval por onde cruzamos o Río Cobo na cal podemos desfrutar dunha área recreativa na cal facemos unha para para sacar fotos e logo seguir a nosa viaxe cruzando eucaliptais e pistas forestais ata chegar a estrada que vai ata Alcoa. O trazado acercase a costa deixando a esquerda o complexo industrial de alúmina-aluminio, ao mesmo tempo que se transita pola poboación de Barxa, alcanzando pouco despois as instalacións de Pescanova

Pouco despois abandonamos a área industrial ao mesmo tempo que a través de un paso subterráneo chegamos a praia de Lago onde facemos unha pequena para para repoñer forzas.

Unha vez postos de novo a camiñar pasamos a Praia da Cova, situada na parroquia de Morás, entre os areais de Lago e O Portiño de Morás, é a única praia habilitada para cans no municipio de Xove a Praia de Moras que é unha pequena praia de area branca e poucas ondas, situada na contorna portuaria de Morás. A carón deste areal atopábanse as instalacións da factoría baleeira de Morás, último vestixio do pasado baleeiro da vila recordado hoxe en día por un paseo etnográfico.

Atópase rodeada dun paseo marítimo formado pola área da baleeira e a zona de fabricación de dolos: curiosas formas de formigón que se fabricaron aquí para a realización do espigón de abrigo do porto da fábrica de aluminio a finais da década dos setenta do século pasado. A praia do Portiño está considerada un lugar ideal para a práctica da pesca dado o abundante ecosistema mariño

Seguimos en ascenso. unha vez deixando ao fronte O Portiño de Morás, o cal o camiño se vai estreitando e avanzando pola ribeira nun denso toxal, xa dentro de un pinar o camiño ampliase por unha pista forestal dende a cal se pode divisar a illa de Sarón .A partir de aquí o trazado adaptase a orografía costeira con tramos de subida e baixada o cal nos leva ao que sera o final de esta etapa a praia de Portocelo

Tranquila e solitaria, de area branca e fina, esta é unha praia de poucas ondas. Ten forma de cuncha, resgardada dentro da enseada do mesmo nome, e está situada nunha contorna portuaria de grande beleza paisaxística. Presenta ademais abundancia de vexetación e fauna mariña. Con marea chea divídese en dous areais: Portocelo e Canelas. A praia está considerada como un lugar ideal para a práctica pesqueira, tanto dende a costa coma do mar, así coma outros deportes mariños coma o submarinismo.

E ata aquí o relato desta etapa o vindeiro 8 de outubro seguiremos ata Celeiro





Powered by Wikiloc